Aviso legal e protección de datos

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal’) que a Deputación Provincial da Coruña pon a disposición dos usuarios de internet.

A Deputación Provincial da Coruña é a titular do dominio de segundo nivel “mercanavila.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Deputación Provincial da Coruña non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Deputación Provincial da Coruña non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Deputación Provincial da Coruña non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Deputación Provincial da Coruña resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Os beneficiarios dos MercaNaVila emitidos poderán canxealos exclusivamente a través da aplicación móbil denominada "MercaNaVila". Esta aplicación estará dispoñible para descargar nas diferentes tendas de aplicacións (App Store, Google Play) polo desenvolvedor Qaroni. O uso da aplicación para realizar intercambios implica a aceptación dos seus termos e condicións.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público provincial da Coruña.

A información dispoñíbel neste Portal, agás indicación expresa do contrario, é susceptíbel de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comercias e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

Descrición das cookies:

Este portal emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookie Cookie Finalidade Política
De terceiros (Google) _gid, _ga Analítica e distinguir ás persoas usuarias Google Analytics - Protección de datos

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son:

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Deputación Provincial da Coruña, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa administración pública da Coruña.

A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal os Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.

Volver á páxina principal